QUE É UN FONDO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
Un Fondo de Cooperación e Solidariedade é un organismo sen ánimo de lucro onde se reúnen concellos e outras institucións públicas e privadas cos seguintes obxectivos:
OBXECTIVOS
- Contribuír ao desenvolvemento dos países empobrecidos do planeta mediante a constitución e xestión dun fondo económico, que posibilite a cooperación descentralizada e incida no desenvolvemento humano e sostible dos pobos do Sur.
- Administrar e xestionar os fondos económicos entregados ao Fondo para proxectos de axuda aos países empobrecidos e para campañas de sensibilización sobre as causas que provocan o actual desequilibrio no reparto da riqueza entre os pobos do Norte e do Sur.
- Promover e apoiar o esforzo das institucións, entidades e asociacións oficiais, para crear un clima de opinión favorable entre a cidadanía para o impulso dunha nova orde económica internacional.
- Estimular a participación cidadá, mediante campañas e información axeitadas, en proxectos de cooperación cos países empobrecidos e na construción dunha democracia máis participativa.
- Colaborar para facer realidade a asignación mínima do 0,7% do produto interior bruto ás axudas públicas aos países empobrecidos, segundo os acordos das Nacións Unidas asinados polo Estado español.
- Ser unha voz ética colectiva que denuncie calquera situación que vulnere gravemente os dereitos humanos e que poida presentar propostas de leis e resolucións a favor da solidariedade e da cooperación en calquera ámbito da representación política.
QUE FONDOS AGRUPA A CONFEDERACIÓN DE FONDOS DE COOPERACIÓN E SOLIDARIDADE

Fondo Andaluz de Municipios para la Solidaridad Internacional
INFORMACIÓN
O Fondo Andaluz de Municipios para la Solidaridad Internacional (FAMSI) é unha rede de gobernos locais e outras entidades nada no ano 2000 para coordinar o interese e os recursos técnicos e financeiros destinados á cooperación internacional para o desenvolvemento humano local.
Propicia o intercambio de experiencias entre Andalucía e outros puntos da xeografía mundial.
Participa na elaboración de estratexias autonómicas, nacionais e internacionais de cooperación internacional para o desenvolvemento.
Vincula aos actores da cooperación descentralizada local andaluza cos doutros países do sur e do norte, e con comunidades inmersas en procesos de desenvolvemento socioeconómico, contando co apoio da cooperación internacional.
O obxectivo do Fondo Andaluz de Municipios para a Solidariedade Internacional é promover un mundo máis xusto desde a cooperación dos gobernos locais e a solidariedade andaluza mediante procesos de coordinación, participación e articulación en rede.
O traballo do FAMSI aséntase no convencemento de que é necesario traballar pola consecución dos dezasete Obxectivos de Desenvolvemento Sostible contidos na Axenda 2030.
O Fondo Andaluz conta nestes momentos cos seguintes socios: 82 municipios da comunidade, as deputacións provinciais de Cádiz, Córdoba, Granada, Huelva, Jaén e Sevilla, así como 68 entidades socias colaboradoras.

CONTACTO
Avda. de la Constitución, 24, 1 Pasaje de los Seises
Sevilla 41004
Tel. 957 497183
www.andaluciasolidaria.org
famsi@andalucia.org
Sevilla 41004
Tel. 957 497183
www.andaluciasolidaria.org
famsi@andalucia.org
Fons Catalá de Cooperació al Desenvolupament
INFORMACIÓN
O Fons Català de Cooperació ao Desenvolupament é unha organización creada en Salt en 1986. A súa misión
é promover, defender e contribuír á mellora da cooperación ao desenvolvemento que executa o municipalismo catalán; articular a solidariedade local con outros municipios e pobos do mundo, e orientar este traballo para conseguir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Tamén converterse no espazo de referencia da cooperación e a solidariedade internacional do mundo local catalán e no instrumento facilitador dos municipios cataláns para facer efectiva esta política pública.
Un dos obxectivos principais da entidade é administrar e xestionar os recursos económicos que
achegan os organismos asociados. Estes recursos destínanse a financiar proxectos de cooperación ao
desenvolvemento, proxectos de educación pola xustiza global e, cando a situación o require, proxectos de acción humanitaria e emerxencias.
Para poder efectuar o seguimento destes proxectos, o Fons Català conta con dúas oficinas permanentes en Senegal e Costa Rica. Nas rexións onde non é posible manter unha oficina permanente, as persoas responsables de cada área realizan viaxes periodicamente para visitar e avaliar o desenvolvemento dos proxectos e manter contacto coas organizacións locais executoras.
Está formada por máis de 300 concellos e outros entes supralocales. Os concellos socios agrupan ao 85 % da poboación de Cataluña, a pesar de representar un 30 % do total dos municipios cataláns.

Rambla Santa Mònica, 10, 4t
08002 Barcelona
93 412 26 02
fonscatala@fonscatala.org
www.fonscatala.org
08002 Barcelona
93 412 26 02
fonscatala@fonscatala.org
www.fonscatala.org

Asociación de Entidades Locales Vascas Cooperantes
– Euskal Fondoa
INFORMACIÓN
A Asociación de Entidades Locales Vascas Cooperantes – Euskal Fondoa constituíuse no ano 1996 como instrumento de coordinación e apoio á cooperación descentralizada en Euskal Herria, que reúne todas as experiencias locais que funcionan en favor do desenvolvemento de relacións solidarias con institucións, organizacións sociais e comunidades do Sur.
Sempre dentro do marco da cooperación local vasca ao desenvolvemento, a asociación insta aos seus membros a asumir o papel de axentes activos da cooperación, sen prexuízo de manter a autonomía e identificación local e cidadá dos programas, tentando alcanzar unha maior eficacia mediante accións conxuntas, intercambio de información e asistencia técnica.
Máis aló da súa contribución á cooperación ao desenvolvemento, Euskal Fondoa esfórzase por fomentar valores de convivencia pacífica, baseada na xustiza, a igualdade, a tolerancia e a participación activa na vida social, cultural e política.
Euskal Fondoa ten como obxectivos:

- Contribuír á cooperación cos países en vías de desenvolvemento mediante a promoción, financiamento e xestión de proxectos e programas de desenvolvemento económico e social e/ou de sensibilización.
- Impulsar a participación das entidades locais na cooperación descentralizada e potenciar a coordinación entre as mesmas.
- Asesorar ás entidades locais en materia de cooperación ao desenvolvemento e relacións internacionais.
- Apoiar, e xestionar no seu caso, proxectos e programas que promovan un desenvolvemento sostible dos países en vías de desenvolvemento, con criterios de igualdade e mutua colaboración e respecto ás culturas e ás identidades propias de cada comunidade.
- Estimular a participación cidadá, mediante campañas e informacións adecuadas, nos proxectos de cooperación con países en vías de desenvolvemento.
- Fomentar as relacións e a colaboración das entidades locais coas Organizacións Non Gubernamentais para o Desenvolvemento (ONGDs), colectivos de solidariedade e outras institucións ou organismos vinculados á cooperación ao desenvolvemento.
- Contribuír á información e divulgación sobre temas de desenvolvemento e relacións entre o Norte e o Sur, e realizar e promover encontros, conferencias, cursos, seminarios e congresos.
- Fomentar e apoiar os esforzos das institucións oficiais, entidades e asociacións para crear un clima de opinión favorable á promoción dunha nova orde económica internacional.
- Ser unha voz ética colectiva que desde Euskal Herria denuncie calquera situación que atente de maneira grave contra os dereitos humanos nos países do Sur e que poida presentar, a través das vías legais establecidas, propostas de lei e acordos de resolución a favor da solidariedade e a cooperación en calquera ámbito de representación política.
- Cunha composición plural desde o punto de vista territorial e político, na actualidade agrupa 113 entidades locais e forais da Comunidade Autónoma do País Vasco e da Comunidade Foral de Navarra. Entre elas atópanse as tres capitais dos territorios históricos da CAPV e as Deputacións Forais de Gipuzkoa e Álava.
CONTACTO
Aieteko Jauregia. Aiete pasealekua, 65
20009 Donostia – San Sebastián
Tel. 943 428508
www.euskalfondoa.org
euskalfondoa@euskalfondoa.org
20009 Donostia – San Sebastián
Tel. 943 428508
www.euskalfondoa.org
euskalfondoa@euskalfondoa.org

Fondo Extremeño Local de Cooperación al Desarrollo
INFORMACIÓN
FELCODE, o Fondo Local Estremeño de Cooperación ao Desenvolvemento, é o instrumento chave das entidades locais de Estremadura para impulsar a cooperación internacional. Cun enfoque municipalista, facilita a participación directa de Deputacións e Concellos en proxectos de desenvolvemento en países do Sur. A súa misión principal é reducir a pobreza, fortalecendo a capacidade dos gobernos locais a través do intercambio de experiencias e o apoio técnico de expertos/as en xestión municipal, promovendo así a descentralización e o desenvolvemento institucional.
FELCODE centra o seu labor en fortalecer o mundo local iberoamericano, impulsando a democracia e reducindo a pobreza rural. As súas áreas de traballo inclúen: Fortalecemento institucional (apoio a gobernos locais para mellorar a súa xestión e servizos), Desenvolvemento social e económico (proxectos que impulsan o desenvolvemento sostible e a redución de desigualdades) e participación cidadá (fomento da participación activa e o empoderamento da sociedade civil).
Para iso, FELCODE emprega fundamentalmente cooperación técnica, con asesorías técnicas con expertos/as voluntarios/as; pasantías para o intercambio de experiencias, formación presencial e en liña e proxectos de cooperación integral.
FELCODE conta con 201 socios: 196 municipios, 3 mancomunidades e 2 deputacións provinciais.

C/ Godofredo Ortega y Muñoz, 1, local 11
06011 Badajoz
Tel. 924 229 595
administracion@felcode.org
www.felcode.org
06011 Badajoz
Tel. 924 229 595
administracion@felcode.org
www.felcode.org
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
INFORMACIÓN
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por máis de cen concellos e as catro deputacións de Galicia, que comparten un firme compromiso coa realización dos Dereitos Humanos e coa loita contra a pobreza a nivel global. Fundado en 1997, funciona como un espazo transpartidario e plural, inspirado pola vontade de consenso e colaboración.
O Fondo Galego ten apoiado máis de 200 proxectos en 32 países do Sur Global, actualmente con máis fincapé na África lusófona, sendo auga, vivenda, xénero, educación ou saúde algúns dos seus eidos de actuación. Ademais, ten ofrecido axuda humanitaria ante conflitos bélicos e catástrofes naturais.
En Galicia, o Fondo Galego promove nos concellos socios numerosas actividades e materiais para sensibilizar á cidadanía sobre cuestións como a solidariedade internacional, a realidade dos países empobrecidos, a erradicación da pobreza e as desigualdades, a equidade de xénero, as persoas migrantes e refuxiadas, etc. Búscase así impulsar o cambio cara sociedades máis xustas e inclusivas a través da educación para a cidadanía global.

Rúa Luis Braille, 40,36003 Pontevedra
Telf: 698 14 45 36
www.fondogalego.gal
comunicacion@fondogalego.org
Telf: 698 14 45 36
www.fondogalego.gal
comunicacion@fondogalego.org
Fons Mallorquí de Solidaritat i Cooperació
INFORMACIÓN
O Fons Mallorquí de Solidaritat i Cooperació é unha entidade sen ánimo de lucro constituída no 1993, que actúa como instrumento de coordinación e soporte á cooperación descentralizada de Mallorca. A súa misión é contribuír a mellorar as condicións de vida das persoas e comunidades dos países do Sur mediante a constitución e xestión dun fondo económico.
As principais áreas de traballo do Fons Mallorquí inclúen o financiamento de proxectos de cooperación e acción humanitaria en países do Sur, así como iniciativas de sensibilización en Mallorca. Estes proxectos abarcan sectores como a acción polo clima, os movementos de persoas, o diálogo intercultural e a igualdade de xénero, que se materializan en proxectos en todo o mundo. Todos os proxectos do Fons Mallorquí fomentan as accións de solidariedade e desenvolvemento sostible en diversos ámbitos da comunidade, promovendo a reflexión sobre as desigualdades e a participación activa da cidadanía do Norte e Sur Global.
Actualmente, o Fons Mallorquí está integrado por 53 concellos de Mallorca, as mancomunidades do Pla e des Raiguer, o Consell de Mallorca, o Goberno das Illas Baleares e a Universidade das Illas Baleares.

Carrer General Riera, 113
07010 Palma de Mallorca
Tel. 971 219 820
fons@fonsmallorqui.org
www.fonsmallorqui.org
07010 Palma de Mallorca
Tel. 971 219 820
fons@fonsmallorqui.org
www.fonsmallorqui.org

Fons Menorquí de Cooperació
INFORMACIÓN
O Fons Menorquí de Cooperació é unha entidade que propón e desenvolve as políticas de cooperación en Menorca, a través do impulso, financiamento e realización de proxectos e actividades.
O Fons Menorquí acompaña as entidades menorquinas, públicas e privadas, para que poidan facer fronte aos retos globais que inciden no ámbito local.
A razón de ser do Fons Menorquí de Cooperació é contribuír ao cambio global para que as poboacións máis desfavorecidas poidan alcanzar un desenvolvemento sostible e o pleno exercicio dos seus dereitos.
O Fons Menorquí conta con tres modalidades de cooperación para despregar as súas intervencións de cooperación para o desenvolvemento humano sostible:

- Cooperación para o desenvolvemento humano sostible
- Emerxencias, axuda humanitaria e refuxio
- Educación para a cidadanía global
Actualmente o Fons Menorquí conta con 20 socios entre os que se atopan os oito concellos de Menorca, o Consell Insular de Menorca, o Govern de les illes Balears e dez ONGD.
CONTACTO
Fons Menorquí de Cooperació
Carrer de la Pau, 21, baixos
07750 Ferreries
Tel. 971 37 35 09 – Fax. 971 37 36 12
www.fonsmenorqui.org
fons@fonsmenorqui.org
Carrer de la Pau, 21, baixos
07750 Ferreries
Tel. 971 37 35 09 – Fax. 971 37 36 12
www.fonsmenorqui.org
fons@fonsmenorqui.org

Fons Pitiús de Cooperació
INFORMACIÓN
O Fons Pitiús de Cooperació representa o compromiso das entidades públicas locais de Eivissa e Formentera coa erradicación das desigualdades que, no ámbito social, económico e político, existen no noso planeta.
É un axente de acompañamento aos gobernos locais parar contribuír ao benestar e a dignidade dos pobos e das persoas, como unha estratexia pública que toma como referencia a defensa dos dereitos humanos, a igualdade de xénero e a cultura de paz.
Impulsa a coordinación e articulación en rede para dar resposta aos retos globais que inciden no ámbito local.
Promociona a Educación para a Transformación Social como fórmula para avanzar na construción dunha cidadanía crítica, responsable, comprometida e activa.
As achegas que anualmente fan os seus socios destínanse a financiar programas e proxectos de cooperación, acción humanitaria e campañas e actividades de educación para a transformación social.
O Fons Pitiús agrupa a todos as institucións públicas de Eivissa e Formentera: 5 concellos da illa de Eivissa, o Consell de Eivissa, o Consell de Formentera e o Govern de les illes Balears.

Arxiduc Lluís Salvador, 19 baixos
07800 Eivissa
Tel. 971 39 02 98
www. fonspitius.org
info@fonspitius.org
07800 Eivissa
Tel. 971 39 02 98
www. fonspitius.org
info@fonspitius.org
Fons Valencià per la Solidaritat
INFORMACIÓN
O Fons Valencià per la Solidaritat é a asociación dos concellos da Comunitat Valenciana para a cooperación ao desenvolvemento.
É unha asociación sen ánimo de lucro, os seus membros son concellos e mancomunidades de municipios da Comunitat Valenciana de todas as formacións políticas.
O Fons Valencià per la Solidaritat constituíuse no ano 1992 para contribuír ao desenvolvemento dos países empobrecidos, así como para sensibilizar a sociedade valenciana, desde o ámbito local, das problemáticas que sofren os países do Sur.
A entidade realiza e financia proxectos de cooperación e sensibilización coas achegas económicas que cada ano fan os concellos socios, achegas que constitúen un fondo económico que servirá para executar os proxectos aprobados.
Os obxectivos do Fons Valencià son:

- Contribuír desde o ámbito local valenciano ao desenvolvemento dos países empobrecidos mediante a constitución e xestión dun fondo económico.
- Administrar e xestionar as partidas económicas achegadas á asociación para proxectos de cooperación e para campañas e actividades de sensibilización.
- Fomentar e dar apoio aos esforzos das institucións, entidades e asociacións da Comunitat Valenciana para crear un clima de opinión favorable á promoción dunha nova orde económica internacional mediante accións e proxectos (exposicións, charlas, actividades educativas, campañas, etc.).
- Estimular a participación cidadá, mediante campañas informativas sobre a realidade da situación dos pobos empobrecidos e as súas causas, as relacións Norte-Sur e os proxectos de cooperación con estes.
- Facer realidade a achega mínima do 0’7% do Produto Interior Bruto á axuda pública aos países empobrecidos.
- Promover que as institucións e entidades públicas e privadas valencianas colaboren en iniciativas de cooperación ao desenvolvemento.
O Fons Valencià está conformado actualmente por 106 concellos e 9 mancomunidades.