Conta atrás para o III Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento, que se celebrará en Gandia o 27 e 28 de maio

  • Inicio
  • Novas
  • As nosas actividades
  • Conta atrás para o III Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento, que se celebrará en Gandia o 27 e 28 de maio

Conta atrás para o III Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento, que se celebrará en Gandia o 27 e 28 de maio

As inscricións xa están abertas para que alcaldes/as, rexedores/as e persoal técnico municipal participen neste espazo de reflexión, debate e diálogo

O Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento xa ten data e lugar para celebrar a súa terceira edición: o 27 e 28 de maio en Gandia (Valencia, Comunitat Valenciana).

Gandia asume así a substitución como espazo de reflexión, debate, diálogo e traballo conxunto da cooperación internacional descentralizada desde o ámbito local do II Encontro celebrado en Lugo en 2023 e do I Encontro que tivo lugar en Córdoba en 2021.

O III Encontro, organizado pola CONFOCOS e o Fons Valencià – co apoio da Secretaría de Estado de Cooperación Internacional (SECI), a través da Dirección Xeral de Políticas de Desenvolvemento Sostible (DGPOLDES) e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación do Goberno de España, e a colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP); a Federación Valenciana de Municipios e Provincias (FVMP), a Dirección Xeral de Inclusión e Cooperación ao Desenvolvemento da Vicepresidencia Primeira e Conselleria de Servizos Sociais, Igualdade e Vivenda da Generalitat Valenciana; a Deputación de València, e o Concello de Gandia – ten como obxectivo seguir impulsando e poñendo en valor a cooperación internacional realizada desde os gobernos locais; reflexionando sobre o papel da cooperación internacional municipalista no novo contexto internacional; revisando a contribución á Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) desde o municipalismo; analizando as oportunidades e os desafíos na solidariedade global municipalista do novo Real Decreto de Subvencións; e posicionando como liña de acción crave nas políticas municipais a cooperación feminista e a importancia global da participación das mulleres no desenvolvemento local.

As alcaldías e edís municipais e o persoal técnico local de Cooperación, Solidariedade, Axenda 2030, Servizos Sociais, etc. que desexen asistir ao III Encontro xa poden formalizar a súa inscrición (lembramos que a participación é totalmente gratuíta). Recoméndase realizar o rexistro canto antes, e como máximo ata o 22 de maio, xa que o evento conta con aforo limitado.

O acceso ao apartado de inscricións, así como a información cos horarios de cada xornada pódese consular na páxina web oficial do III Encontro (www.encuentroestatal.org). Ademais, púxose ao dispor de todas as persoas interesadas un apartado con información relevante: aloxamentos recomendados, indicacións de como chegar, información sobre Gandia e a Comunitat Valenciana, etc. En caso de non quedar resoltas todas as dúbidas, pódese contactar coa organización por correo electrónico (oficina@fonsvalencia.com) ou por teléfono (+34 96 227 24 60).

Onde estamos