
A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade, presente no Foro Mundial de Desenvolvemento Económico Local (WFLED)
04/04/2025
Este evento ten como obxectivo promover o enfoque de desenvolvemento económico local
A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade (CONFOCOS) participou coa presenza de máis de 40 representantes da entidade e os fondos socios na sexta edición do Foro Mundial de Desenvolvemento Económico Local (WFLED), que se celebrou entre o 1 e o 4 de abril en Sevilla.
Este foro ten como obxectivo principal promover o enfoque de desenvolvemento económico local. Para iso, busca facer avanzar o debate político e fortalecer as asociacións globais para lograr accións concretas a nivel local, nacional e internacional.
Desde CONFOCOS, no marco das subvencións de DGPOLDES e da AECID, promoveuse a participación dos gobernos locais a través dos fondos de cooperación e solidariedade, fomentando o WFLED como espazo de alianzas e potenciando a vinculación cooperación-desenvolemento económico local.
Este evento forma parte dun proceso de traballo aberto que reuniu a unha sólida alianza de múltiples partes interesadas de gobernos comprometidos, organizacións nacionais e internacionais, que recoñeceron o potencial do enfoque de desenvolvemento económico local e traballan conxuntamente para avanzar no debate e fortalecer unha asociación global para accións específicas. Este proceso permite unha cooperación concreta e accións conxuntas que poden axudar a aterrar a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible a nivel local.
Durante todas as xornadas do WFLED abordáronse tres eixos de traballo principais, con miradas transversais, sesións especiais e eventos paralelos e espazos colaborativos: Eixo 1. A tripla transición, traballo decente e xustiza social; Eixo 2. Coalicións territoriais e globais para o financiamento do desenvolvemento económico local sostible; e Eixo 3. Economías locais que coidan: instrumentos, políticas, infraestruturas, servizos e persoas para a cohesión e equilibrio territorial.
O presidente da CONFOCOS, Jordi Cuadras, foi o encargado de moderar un diálogo político durante a primeira xornada titulado: “Localizando o financiamiento – O camiño cara a Sevilla (II)”. Nel participaron o secretario de Asuntos Exteriores e da Unión Europea, Agustí Fernández de Losada; o director da Axencia Vasca de Cooperación Elankidetza, Javier Cortés; a directora da Axencia Estremeña de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento, Isabel Belloso; e o director xeral de Inclusión e Cooperación ao Desenvolvemento da Generalitat Valenciana, Pedro Carceller.
Ademais, CONFOCOS, a través de FAMSI, tamén participou xunto ao grupo de traballo UCLG-CIB na organización do debate “Cooperación descentralizada para o desenvolvemento económico local, o emprego e as novas economías: boas prácticas e perspectivas de futuro”. O obxectivo desta sesión era construír unha visión compartida, inclusiva e orientada á acción para fortalecer a cooperación descentralizada en apoio do desenvolvemento local. Consistiu nunha plataforma de intercambio entre responsables políticos, funcionarios electos, profesionais e actores locais sobre o papel estratéxico da cooperación descentralizada en promover o desenvolvemento económico local, crear emprego, apoiar novas economías (verde, dixital e solidaria), e fortalecer a gobernanza inclusiva e multiactor. Ademais, destacáronse boas prácticas, exploráronse desafíos comúns e formuláronse recomendacións prácticas para mellorar o impacto e a sustentabilidade da cooperación descentralizada.
Declaración final do VI Foro Mundial de Desenvolvemento Económico Local
Na declaración final do VI Foro Mundial de Desenvolvemento Económico Local puxéronse en común varias conclusións e propostas específicas:
– Recoñecemento do rol chave dos gobernos locais e rexionais: sublíñase o seu papel estratéxico como aliados fundamentais dos Estados para mobilizar financiamiento complementario e avanzar nun desenvolvemento económico local sostible e inclusivo.
– Creación dun espazo de seguimento para o financiamento local: proponse establecer, no marco do proceso FfD (Financing for Development), un espazo intergobernamental formal para monitorear e intercambiar avances na localización do financiamiento.
– Autonomía fiscal e descentralización efectiva: faise un chamado a garantir a autonomía fiscal dos territorios, como ferramenta para mobilizar recursos locais e asegurar investimentos sostibles, especialmente en adaptación climática.
– Fomento do intercambio de experiencias e innovación financeira: se aposta polo intercambio horizontal de solucións e a integración de instrumentos de finanzas sociais e solidarias nos esquemas financeiros actuais.
– Financiamiento con enfoque de xénero e coidado: promóvese unha axenda de financiamento centrado no benestar, os coidados e a xustiza social, impulsando investimentos públicos sostibles e progresivas. Destácase o fortalecemento da Alianza Global polos Coidados como espazo clave para impulsar unha nova arquitectura financeira baseada nunha “sociedade dos coidados”.
A CONFOCOS, un espazo de traballo conxunto pola cooperación internacional municipalista
A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade (CONFOCOS) reúne a máis dun milleiro de entidades locais do Estado español (entre concellos, mancomunidades, deputacións e consellos) agrupadas nun total de 9 fondos territoriais. A confederación naceu en 1995 e ten como obxectivos contribuír a impulsar a cooperación descentralizada municipalista dentro e fóra dos ámbitos territoriais dos seus fondos membros e ser interlocutor ante as institucións estatais, europeas e internacionais naquelas formulacións onde hai intereses coincidentes.
Actualmente, forman parte de CONFOCOS o Fondo Andaluz de Municipios para a Solidariedade Internacional, Fons Català de Cooperació ao Desenvolupament, Asociación de Entidades Locais Vascas Cooperantes-Euskal Fondoa, Fondo Estremeño Local de Cooperación ao Desenvolvemento, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Fons Mallorquí de Solidaritat i Cooperació, Fons Menorquí de Cooperació, Fons Pitiús de Cooperació e Fons Valencià per a Solidaritat.