
A CONFOCOS presenta o seu logo conmemorativo do 30 aniversario no Consello Confederal celebrado en Sevilla
03/04/2025
A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade (CONFOCOS) presentou ante todos os fondos socios o seu logo conmemorativo do 30 aniversario durante a celebración do Consello Confederal en Sevilla.
A entidade cumpre 30 anos de traballo na cooperación local o próximo 19 de setembro e quere celebralo desde xa mesmo actualizando de forma puntual o seu logo corporativo os próximos meses, cun logo que represente os 30 anos de historia, cunha imaxe que evoluciona coa entidade e que reflicte o crecemento e compromiso co futuro.
Ademais da presentación en exclusiva do logo conmemorativo, neste Consello Confederal realizouse unha actualización e repaso das actividades que se desenvolverán durante este 2025, entre as que están as propostas de colaboración presentadas a AECID e DGPOLDES, a presentación do novo Manual de Municipalismo e Solidariedade, así como os detalles da organización e planificación do III Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional de Gandia, unha cita imprescindible para a cooperación municipalista, onde cuestións como a cooperación feminista, a axuda oficial ao desenvolvemento ou o Real Decreto de subvencións terán un papel destacado.