
Trinta anos da Cuarta Conferencia Mundial sobre a Muller en Beijing
12/03/2025
A CONFOCOS reflexiona sobre os avances conseguidos neste tempo e no traballo por diante
Próximos ao 8M queremos lembrar que no 2025 cúmprense 30 anos da Cuarta Conferencia Mundial sobre a Muller que se celebrou en Beijing. Trinta anos do que, sen dúbida, foi un fito na loita polos dereitos das mulleres a nivel global.
Organizada pola ONU, a IV Conferencia (1995) reuniu a máis de 30.000 mulleres, entre representantes de gobernos, ONG e activistas feministas cun obxectivo claro: lograr a igualdade de xénero e garantir os dereitos das mulleres en todo o mundo. As súas demandas quedaron recollidas na Declaración e Plataforma de Acción de Beijing, un documento chave que estableceu prioridades e compromisos para os gobernos.
Concretáronse 12 esferas de especial preocupación que afectan á vida de mulleres e nenas de todo o mundo, establecendo os principais desafíos e as accións necesarias para conseguir a igualdade de xénero.
Trinta anos despois sabemos que houbo avances. As mulleres incrementaron a súa presenza en parlamentos e gobernos, ampliouse a participación no mercado laboral, reduciuse a brecha educativa, moitos países adoptaron e fortaleceron leis para previr e sancionar a violencia contra as mulleres, ampliáronse os servizos de saúde sexual e saúde reprodutiva… Pero, a pesar dalgúns avances, a realidade é que seguen persistindo significativos desafíos para a igualdade real e efectiva. As cifras de violencia contra as mulleres, as agresións sexuais e feminicidios continúan sendo alarmantes en moitas rexións do mundo. Seguen asumindo unha carga desproporcionada nas tarefas de coidado de infancia e persoas dependentes. A representación das mulleres en posicións de liderado político e empresarial segue sendo insuficiente. Continúan enfrontando disparidades salariais e limitacións no acceso a oportunidades e no acceso a servizos de saúde. Por todo iso é esencial continuar promovendo políticas e prácticas que garantan os dereitos das mulleres e aborden as desigualdades persistentes en todos os ámbitos da sociedade.
O proceso de revisión Beijing + 30 (10-21 marzo, sede NNUU Nova York) vai permitir reflexionar sobre os logros alcanzados no últimas tres décadas, identificando tamén aquelas áreas que requiren atención urxente para garantir a igualdade de xénero e o empoderamento de todas as mulleres e nenas hoxe e no futuro.
Cooperación Feminista e Beijing +30
Desde la cooperación internacional municipalista que representa CONFOCOS, reivindicamos y trabajamos por una cooperación feminista. Una cooperación que apuesta por el enfoque de género y basado en derechos humanos, que quiere transformar las relaciones de poder en todos los ámbitos (públicos y privados) que analiza las causas estructurales, sociales, económicas, políticas y culturales patriarcales que perpetúan las desigualdades entre mujeres y hombres, donde el género, las desigualdades de género y la interseccionalidad son centrales. Una cooperación feminista que no se puede entender sin reconocer el papel imprescindible que supone la Declaración y la Plataforma de acción Beijing, manteniendo el compromiso global para abordar las desigualdades y garantizar que los avances en materia de igualdad de género beneficien a todas las mujeres y niñas, independientemente de su contexto geográfico, social o económico.
Desde a cooperación internacional municipalista que representa CONFOCOS, reivindicamos e traballamos por unha cooperación feminista. Unha cooperación que aposta polo enfoque de xénero e baseado en dereitos humanos, que quere transformar as relacións de poder en todos os ámbitos (públicos e privados) que analiza as causas estruturais, sociais, económicas, políticas e culturais patriarcais que perpetúan as desigualdades entre mulleres e homes, onde o xénero, as desigualdades de xénero e a interseccionalidad son centrais. Unha cooperación feminista que non se pode entender sen recoñecer o papel imprescindible que supón a Declaración e a Plataforma de acción Beijing, mantendo o compromiso global para abordar as desigualdades e garantir que os avances en materia de igualdade de xénero beneficien a todas as mulleres e nenas, independentemente do seu contexto xeográfico, social ou económico.