Cooperación Técnica Municipal

Cooperación Técnica Municipal

A actividade da CONFOCOS céntrase, principalmente, en cinco áreas de traballo: desenvolvemento, educación para o desenvolvemento e a cidadanía global, acción humanitaria e emerxencias, cooperación feminista e cooperación técnica municipal.

A cooperación técnica municipal é un mecanismo solidario entre municipios de distintos países que se basea no intercambio de coñecementos, tecnoloxías e experiencias. O seu obxectivo principal é mellorar as capacidades de organización interna e a calidade dos servizos públicos dos municipios implicados, tanto no norte como no sur global, permitindo transversalizar diferentes departamentos municipais e aumentar o valor engadido da cooperación local.

Este modelo está impulsado por técnicos/as municipais que, voluntariamente, comparten a súa experiencia profesional, fomentando a autonomía e a aprendizaxe tanto no municipio receptor como no propio, superando o antigo modelo asistencial/caritativo para converterse nun modelo de traballo conxunto entre iguais, con beneficios mutuos a través da promoción do enfoque de dereitos. É un modelo de cooperación que tamén inclúe a participación de persoal técnico de países do sur global que visitan municipios colaboradores dos fondos de cooperación para compartir os seus coñecementos.

As principais áreas de actuación están maioritariamente vinculadas a competencias municipais, entre as que destacamos experiencias en temáticas como:

  • Auga e saneamento: Mellora de infraestruturas e sustentabilidade.
  • Comercio e mercados: Regulación e apoio ao comercio local.
  • Educación, cultura e patrimonio: Xestión e preservación de bens culturais.
  • Igualdade e inclusión social: Desenvolvemento de servizos para diversos colectivos.
  • Enerxía: Políticas de eficiencia enerxética.
  • Medio ambiente e planificación territorial: Xestión sostible de recursos e riscos.
  • Promoción económica e emprego: Impulso a sectores produtivos e xeración de riqueza.
  • Residuos: Xestión integral e reciclaxe.
  • Saúde pública: Programas para seguridade alimentaria e saúde.
  • Urbanismo: Desenvolvemento urbano sostible.
  • Mobilidade: Mellora de infraestruturas e transporte público.
  • Crises humanitarias: Resposta e planificación para emerxencias.

Por tanto, este modelo de cooperación fomenta o intercambio horizontal entre municipios, abordando unha ampla variedade de áreas crave para o desenvolvemento sostible.

Son varios os fondos socios que realizaron diferentes actuacións relacionadas coa cooperación técnica municipal ao longo destes case 30 anos de existencia da CONFOCOS.

Hoxe querémosvos achegar a algunhas experiencias recentes:

Fons Valencià

O Fons Valencià per a Solidaritat executa anualmente edicións dos proxectos “Especialista Municipal Voluntario/a” e “Fortalecemento técnico e gobernanza con entidades locais do sur”. O primeiro proxecto mencionado, con máis de 10 edicións e 100 asistencias técnicas realizadas, ten como obxectivo que persoal técnico de concellos e mancomunidades membros do Fons Valencià realicen cooperación técnica durante un mes en municipios de países do sur global. O segundo proxecto, de recente creación con 1 edición e 2 asistencias técnicas, ten como fin que persoal funcionario fixo de gobernos locais de países do sur compartan aprendizaxes na Comunitat Valenciana. Ambos os proxectos inclúen tamén un importante compoñente de educación para a cidadanía global, achegando as experiencias do persoal técnico a representantes públicos, centros educativos, medios de comunicación, entidades locais, cidadanía…

Mario Lorenzo, responsable de comunicación do Ajuntament de Petrer, Alacante (Fons Valencià) conta a súa experiencia como cooperante técnico municipal en Quito:

Anabel Ejarque, axente de emprego e desenvolvemento local do Ajuntament de Forcall (Fons Valencià) conta a súa experiencia como cooperante técnica municipal en San Juan Bosco (Ecuador):

Fondo Galego

Este ano 2024 dúas técnicas de concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade colaboraron durante tres semanas co municipio caboverdiano de Tarrafal a través do programa “Especialistas en Cooperar”. O labor de Lola Landeira, axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Brión, e de Carla Pérez, xefa de brigada de incendios no Concello de Nigrán, estaba encamiñada a promover un desenvolvemento económico local sostible e participativo na localidade. Co fin de elaborar un diagnóstico inicial, as asesoras percorreron o municipio para identificar necesidades e potencialidades, aplicando o enfoque de xénero. Para iso, entrevistáronse con organizacións de mulleres, comunidades pescadoras, asociacións agrícolas, veciñas emprendedoras etc. A partir de aí, elaboraron unha serie de recomendacións para o proxecto, que se prolongará durante catro anos. O proxecto tamén incluíu unha recepción institucional coa participación dos alcaldes de ambos os municipios galegos.

Carla Pérez, xefa de brigada de prevención de incendios no Concello de Nigrán (Fondo Galego) conta a súa experiencia como cooperante técnica municipal:

Lola Landeira, axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Brión (Fondo Galego), conta a súa experiencia como cooperante técnica municipal no municipio de Tarrafal, na Illa de Santiago (Cabo Verde):

FELCODE

O Fondo Estremeño Local de Cooperación ao Desenvolvemento leva 18 edicións do seu Programa Voluntarios/as Expertos/as en Cooperación Internacional para o Desenvolvemento que permite a prestación de asistencias técnicas e o intercambio de coñecementos e experiencias entre o mundo local de Estremadura e América Latina. Durante catro semanas, expertos e expertas en xestión de servizos municipais na administración local estremeña comparten boas prácticas e leccións aprendidas con municipios latinoamericanos fortalecendo as súas capacidades institucionais, o que permite mellorar a calidade dos seus servizos e de vida das persoas promovendo un desenvolvemento máis equitativo e sostible.

Ao longo das dezasete edicións anteriores, máis de 300 expertas e expertos que traballan no ámbito local estremeño tiveron a oportunidade de prestar o seu coñecemento, apoio técnico e compromiso cos municipios dos países do Sur. Este ano, Voluntarios Expertos prestou 14 asistencias técnicas nun total de 6 países: Honduras, O Salvador, Ecuador, Bolivia, Paraguai e Uruguai.

O xerente de FELCODE, Antonio Fuentes, realizou balance de 2024: https://x.com/DiputacionCC/status/1869005490858213872

 

Fons Català

Desde o Fons Català de Cooperació trabállase nunha iniciativa de cooperación técnica municipal centrada na prevención da Mutilación Xenital Feminina (MGF) onde persoal técnico de varios municipios cataláns, ademais de recibir formación específica sobre esta práctica, realizaron misións técnicas en Gambia. As misións técnicas permitiron poder coñecer o contexto da MGF en orixe, desde unha dimensión cultural e antropolóxica, así como establecer espazos de colaboración e encontro cos actores sociais que interveñen na súa prevención (profesionais da saúde, da educación, comadronas, misións médicas, autoridades tradicionais etc.). Dita experiencia de traballo conseguiu mellorar a abordaxe preventiva da MGF en Catalunya e fomentar a creación de sinerxias de cooperación, neste caso, entre Gambia e Catalunya.

Técnicas municipais falan da súa experiencia nesta misión de cooperación técnica:

 

Onde estamos