A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade reúnese coas direccións de AECID e DGPOLDES

A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade reúnese coas direccións de AECID e DGPOLDES

O presidente da Confederación de Fondos de Cooperación (CONFOCOS) Juan Antonio González e a coordinadora técnica Lourdes Mourelo reuníronse en Madrid con Antón Leis, director xeral da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e con Sergio Outeiro e Elena Fernández, director e subdirectora xeral da Dirección Xeral de Políticas de Desenvolvemento Sostible (DGLPODES).

A CONFOCOS presentou nestas reunións o seu documento de estratexia a ambas as entidades para destacar os principais retos aos que se enfronta, así como as súas propostas:

  • Estender territorialmente o modelo de Fondos de Cooperación e Solidariedade sumando novos fondos
  • Apropiación interna no marco dos fondos, sobre a CONFOCOS
  • Comunicación para o desenvolvemento. Innovar na comunicación da cooperación municipalista
  • Incidencia nos órganos recoñecidos pola nova lei. Facer valer a lei, mandatos e compromisos
  • Cooperación Técnica Municipal como modelo de cooperación municipalista
  • Cooperación Feminista: aposta desde o local polo enfoque de xénero e baseado en dereitos humanos
  • Garantir a viabilidade institucional da CONFOCOS

Ademais, a Confederación quixo poñer en valor o seu papel como axente da cooperación española, incidindo no necesario traballo que realizan os máis de 1130 municipios, deputacións e mancomunidades, a través dos nove fondos de cooperación e solidariedade, que conforman a Confederación.

Nas reunións identificáronse interesantes axendas de traballo vinculadas principalmente á AOD, á comunicación ao desenvolvemento, aos espazos de participación recoñecidos na nova lei, á cooperación técnica municipal, á cooperación feminista e a diversos encontros estratéxicos para o municipalismo como o III Encontro de Gobernos Locais e Cooperación Internacional (Gandía, 4 e 5 de febreiro), o VI Foro Mundial de Desenvolvemento Económico Local (Sevilla, 1 ao 5 de abril) e a IV Conferencia de Financiamento para o Desenvolvemento (Sevilla, xullo). Coa clara vontade de seguir contribuíndo no camiño cara a un desenvolvemento global máis participado, máis sostible, máis equitativo e máis xusto.

Onde estamos