Benvidas/os ao boletín de novidades #conFOCOs!

Benvidas/os ao boletín de novidades #conFOCOs!

Ola a todas e todos.

Como presidenta da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade (CONFOCOS) alégrome de darvos a benvida a #conFOCOs, un novo espazo de comunicación para dar a coñecer o traballo de cooperación internacional que desenvolvemos desde o municipalismo #CooperaLocal.

Próximos a cumprir 30 anos, estreámonos este novo canal de información que pretende ser unha pequena “ventá” coa que achegarvos á gran diversidade de iniciativas de cooperación local que levamos a cabo desde a CONFOCOS e desde os Fondos de Cooperación e Solidariedade.

Contextos de pobreza, desigualdade, guerra, catástrofes naturais, mobilidade humana forzada… requiren da cooperación internacional, como unha cuestión de xustiza global.

Os concellos e entidades locais xogaron e seguen xogando un papel imprescindible asumindo, entre outros ao longo destes anos, o fortalecemento do poder local en favor da democratización en municipios do sur global, promovendo o intercambio de coñecementos, a implementación de proxectos de desenvolvemento local, o fortalecemento institucional, a promoción de prácticas sostibles e resilientes, así como o desenvolvemento de estratexias de denuncia e incidencia política en favor da protección, a defensa e a garantía dos dereitos humanos, promovendo entre a cidadanía do Norte e do Sur global a cultura da xustiza e a paz, entre outras.

Cremos que non se pode entender o sistema de cooperación española se non falamos do ámbito local, do traballo que se fai desde os concellos, desde as deputacións, desde as mancomunidades…Un ámbito próximo á cidadanía que resulta imprescindible para afrontar os retos globais. Dicímolo e practicámolo hai tempo: o local é global. E é que as solucións ás grandes crises da humanidade seguen principios comúns.

Nesta primeira edición de #conFOCOs queremos presentarnos e que nos coñezades un pouco máis e mellor. Así que cada un dos 9 fondos de cooperación e solidariedade que conforman a CONFOCOS achegaranos ao seu traballo a través dunha das súas actividades destacadas. Poderedes atopar información sobre:

  • Fondo Galego de Cooperación: proxecto europeo People&Planet de sensibilización e cambio climático entre a mocidade en distintas entidades locais.
  • Fons Mallorquí: Les Elegides, participación política das mulleres en Túnez, Senegal, Bolivia, O Líbano, Nicaragua, Marrocos e Palestina.
  • Fons Valencià: Cooperación técnica co programa “Especialista Municipal” en Bolivia e Ecuador.
  • Fons Pitiús: ‘Fronte ao racismo e á xenofobia, ¡actuamos!’, campaña contra o racismo e pola defensa dos dereitos das persoas migrantes en Ibiza e Formentera.
  • Fons Catalá: Festival Itinerante de Cine Africano.

  • ¡E moitos contidos máis!

Espero que sexa do voso interese e que a través de #conFOCOs vos acheguedes ao papel que xogan os municipios no camiño cara a un desenvolvemento global +participado, +sostible, +equitativo e +xusto.

Todas as interesadas e interesados en recibir o Boletín de novas #conFOCOs con todas as novidades da Confederación e de cada un dos seus fondos, poden subscribirse enviando un correo electrónico a comunicacion@confederaciondefondos.org.

Onde estamos