Euskal Fondoa presenta ante o público bilbaíno o documental ‘Aquí sí se hace lucha: 20 años de activismo feminista en El Salvador’.

Euskal Fondoa presenta ante o público bilbaíno o documental ‘Aquí sí se hace lucha: 20 años de activismo feminista en El Salvador’.

Euskal Fondoa, fondo socio de CONFOCOS, en colaboración co Concello de Bilbao e La Colectiva Feminista de El Salvador, presentaron o documental ‘Aquí sí se hace lucha: 20 años de activismo feminista en El Salvador’, que inclúe testemuños de persoas salvadoreñas que amosan realidades inxustas dende o activismo feminista.

Para celebrar o 20º aniversario da colaboración entre as tres entidades, o pasado 27 de maio lanzouse unha campaña moi especial: “Aquí sí se hace lucha. 20 anos de activismo feminista en El Salvador”, que comezou coa difusión a través das redes sociais de Euskal Fondoa de diferentes testemuños de mulleres de El Salvador a través de pequenas pílulas de vídeo e fotografías.

E iso só foi un adianto do que se puido ver o 3 de xullo na presentación do documental que leva o mesmo nome da campaña e cuxa proxección realizouse na Sala Bilborock de Bilbao. Nel aparecen testemuños de persoas salvadoreñas que acompañan a loita da Colectiva e mostran realidades inxustas onde o activismo feminista é fundamental para impulsar esas transformacións. ‘Aquí sí se hace lucha’ é un canto reivindicativo, unha invitación para facer con todas e para todas dende os feminismos.

Tras a proxección, as e os asistentes presenciaron unha mesa de debate, con Clara Murguialday como moderadora, e coa presenza de varias das protagonistas da campaña: Morena Herrera, feminista, cofundadora da Colectiva Feminista para o Desenvolvemento Local de El Salvador (CFDL); Irma Lima, avogada que forma parte do equipo de dirección da CFDL e coordinadora do programa Gaztenpatia-CFDL da Universidade do País Vasco (UPV/EHU); e Sonia Sánchez, defensora ambiental de Santo Tomás (El Salvador), que emprendeu a loita contra o megaproyecto urbanístico do Grupo Roble e gañou, xunto á súa comunidade, un proceso xudicial en contra súa e a protección do seu territorio.

Onde estamos