
Obxectivo CONFOCOS: potenciar a cooperación nun contexto global inestable
18/03/2024
A nova xunta directiva de CONFOCOS xa traballa para seguir a folla de ruta que se fixou na Asemblea Xeral Ordinaria do 6 de marzo en Barcelona. O obxectivo dos nove fondos que integrarán a confederación é traballar para ter unha cooperación municipalista eficaz que non quede condicionada por certos discursos populistas. A presidenta, Núria Parlon, defende que a CONFOCOS e as organizacións que a integran deben seguir traballando para, desde os máis de 1.100 entes que forman parte de fondos de cooperación municipalista, “xerar incidencia” e “mellorar o desenvolvemento global” xerando “oportunidades e fortalecendo capacidades que axuden a facer máis forte nos sistemas democráticos locais”.
O vicepresidente, Juan Antonio Gónzalez, cre que o traballo da cooperación municipalista debe facerse “adaptándonos á realidade que nos toca” nun mundo sacudido por conflitos, guerras, desastres naturais… pero que este contexto “non nos debe desviar do obxectivo de “traballar para cooperar con aqueles países que o necesitan” e traballar para “aportar desde os municipios o noso gran de area”.
O secretario, Simón Gornés, destaca a vontade de apostar por un traballo máis colaborativo entre os nove fondos que compoñen CONFOCOS porque a suma de sinerxías “dá máis forza para poder emprender novos proxectos” e di que a suma pode permitir “incidir dunha forma máis efectiva sobre determinados territorios”.