Chaves para entender a Cooperación Técnica Municipal
27/07/2023
Xá podes descargar en liña a nova guía editada por CONFOCOS.
A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade (CONFOCOS) presenta a guía “Seis claves para entender a Cooperación Técnica Municipal“.
Un recurso que pretende achegar, dunha maneira sinxela e amable, este modelo de cooperación e solidariedade que se establece entre municipios de distintos países do Norte e Sur global. Poñendo en valor o rol do municipalismo e os gobernos locais, como actores de cooperación descentralizada internacional.
A guía permitirános coñecer e entender mellor en que consiste esta modalidade de cooperación, que axentes están implicados/as, que áreas se traballan, que repercusións ten ser técnico/a cooperante… ademais de atopar algúns exemplos e boas prácticas que se desenvolveron desde as experiencias de distintos fondos de cooperación e solidariedade.
A guía vai acompañada dun pequeno recurso audiovisual e conta co apoio da Dirección Xeral de Políticas de Desenvolvemento Sostible (DGPOLDES) do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación.
Consulta e descarga a guía “Seis claves para entender a Cooperación Técnica Municipal