Cooperación Técnica Municipal, un modelo de cooperación local que traspasa fronteiras

Cooperación Técnica Municipal, un modelo de cooperación local que traspasa fronteiras

No marco da subvención nominativa da Axencia Española de Cooperación (AECID) á Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade (CONFOCOS) iníciase a formación especializada do corpo de bombeiros de O Salvador

Un proxecto liderado polos nosos socios de Euskal Fondoa

O pasado luns 15 de maio, comezou nas instalacións da Sede Central do Corpo de Bombeiros de O Salvador (CBES) o curso de “formación de formadores”, relacionado con incendios forestais e investigación pericial de incendios.

Impartido por especialistas do Servizo de Bombeiros de Álava e a Policía Municipal de Donostia-San Sebastián, coordinados pola Fundación SUESKOLA e EUSKAL FONDOA.

Participan 15 bombeiros/as en cada unha das temáticas identificadas. O curso ten unha duración dunha semana e ten como obxectivo “Mellorar a capacidade de resposta do CBES”.

En setembro de 2022, membros do CBES realizaron unha misión de identificación de oportunidades para a formación especializada a bombeiros/as de O Salvador ao Centro de Adestramento en Prevención e Extinción de Incendios da Fundación SUESKOLA en Ordizia, ao Parque de Maniobras de Ispaster, así como a distintos parques de bombeiros dependentes da Deputación Foral de Gipuzkoa e Álava.

FORMACIÓN, ORGANIZACIÓN E MANEXO DE INFORMACIÓN E INVESTIGACIÓN

Producto destas visitas identificáronse varias áreas de interese: 1) formación en prevención e resposta na extinción de incendios, o manexo de materiais perigosos (substancias químicas) e o rescate vehicular; 2) organización de estacións ou/y parques de bombeiros: organización e xestión; 3) manexo do sistema de información e investigación pericial de incendios.

O CBES ten na actualidade unha dotación próxima ao milleiro de bombeiros/as. Destaca o significativo número de mulleres como indicador da integración das mulleres nun ámbito profesional de tradición masculina.

A iniciativa conta co apoio económico da AECID, a través da nominativa vixente con CONFOCOS, de EUSKAL FONDOA, da Deputación Foral de Gipuzkoa e da Fundación SUESKOLA.

Onde estamos