A maioría da poboación apoia aumentar o orzamento de cooperación ao desenvolvemento do seu concello ata alcanzar como mínimo o 0,7% do orzamento en 2030

  • Inicio
  • Novas
  • As nosas actividades
  • A maioría da poboación apoia aumentar o orzamento de cooperación ao desenvolvemento do seu concello ata alcanzar como mínimo o 0,7% do orzamento en 2030

A maioría da poboación apoia aumentar o orzamento de cooperación ao desenvolvemento do seu concello ata alcanzar como mínimo o 0,7% do orzamento en 2030

O 52 % das persoas enquisadas cre que as vulneracións dos dereitos afectan de maneira desigual a homes e mulleres.

O 66 % está de acordo en que o seu concello destine recursos á cooperación, e un 56 % que se aumente ata chegar ao 0,7 % en 2030

A enquisa foi impulsada pola Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade

Barcelona, 4 de maio do 2023 – A cidadanía de sete comunidades autónomas que representan o 60 % da poboación española está de acordo en que os seus municipios dediquen parte dos seus recursos á cooperación ao desenvolvemento e á solidariedade internacional, incluso no contexto de crise derivado da guerra de Ucraína. Así o recollen os resultados dunha enquisa encargada pola Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade para coñecer a opinión da cidadanía sobre cooperación internacional e o obxectivo do 0,7 %.

A lei española de cooperación ao desenvolvemento e solidariedade global de febreiro de 2023, que recoñece o importante papel das entidades locais no ámbito da cooperación, fixouse como obxectivo destinar, polo menos, o 0,7 % da Renda Nacional Bruta (RNB) á axuda oficial ao desenvolvemento (AOD) no horizonte do ano 2023.

O estudo contou coa participación de 5.321 persoas de Andalucía, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Euskadi, Illas Baleares e Estremadura, e foi realizado pola empresa YouGov e financiado pola Dirección Xeral de Políticas de Desenvolvemento Sustentable do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación.

PROBLEMÁTICAS GLOBAIS, MIGRACIÓNS FORZADAS E PROTECCIÓN INTERNACIONAL

Segundo recolle a enquisa, o 84 % da poboación está preocupada pola realidade dos países economicamente empobrecidos do mundo, e sitúan o sistema económico mundial como a principal causa de pobreza no mundo (32 %). Por outra banda, o 52 % cre que as vulneracións dos dereitos afectan de maneira desigual a homes e mulleres.

Un 77 % pensa que as persoas migrantes abandonan o seu país de orixe de maneira forzada, fuxindo da pobreza, da violencia e da falta de dereitos humanos, e só un 18 % cre que a migración dáse por vontade propia. O 37 % consideran que as migracións forzadas son unha das principais consecuencias da pobreza. Como resposta a esta situación, a maioría (54 %) opina que o Estado español debería garantir refuxio, asilo e protección ás persoas que se ven obrigadas a migrar e só un 21 % está en contra.

AGENDA INTERNACIONAL E COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO

En canto aos grandes consensos da axenda internacional de desenvolvemento, 2 de cada 3 persoas coñecen o compromiso dos países desenvolvidos de destinar o 0,7 % da RNB á cooperación ao desenvolvemento, e o 80 % dos que coñecen este compromiso están a favor de que se cumpra. En canto aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), case o 70 % escoitou falar dos ODS, pero só o 24 % sabe ben o que son. Entre as persoas que coñecen os ODS máis do 80 % cre que as administracións deberían de incorporalos entre as súas prioridades.

Segundo o estudo, máis do 80 % da poboación opina que se deben destinar recursos á cooperación ao desenvolvemento, aínda que o 29 % considera que a axuda ao desenvolvemento responde máis a intereses políticos e estratéxicos que a combater a pobreza e a fame (16 %). Neste sentido, o 42 % cre que os recursos non chegan ás persoas que realmente os necesitan, o 45 % cre que un maior control aumentaría a súa eficacia, e 7 de cada 10 aprobarían condicionar a axuda a que os gobernos dos países receptores garantan os dereitos humanos.

COÑECEMENTO E APOIO Á COOPERACIÓN QUE REALIZAN OS GOBERNOS LOCAIS

O 65 % está de acordo en que os seus concellos dediquen parte dos seus recursos á cooperación ao desenvolvemento, incluso ante o contexto de crise. E aínda que só un 13 % sabe se o seu concello dedica recursos á cooperación, o 56 % da poboación estaría de acordo en que o seu concello aumente a axuda ao desenvolvemento ata alcanzar como mínimo o 0,7 % no 2030.

A maioría da poboación cre que as alianzas entre gobernos locais son a mellor forma de realizar a cooperación ao desenvolvemento (28 %), seguido da sensibilización e o fomento simultaneamente da participación cidadá (15 %), e utilizando as capacidades e os recursos humanos do concello para facer cooperación técnica. Por outra banda, 6 de cada 10 estarían de acordo en destinar recursos do seu concello para dar resposta ás crises humanitarias e emerxencias noutros países.

O COMPROMISO DO MUNICIPALISMO SOLIDARIO NUN MUNDO GLOBAL E DESIGUAL

A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade encargou a enquisa co obxectivo de dispor dunha fotografía clara sobre o coñecemento e a adhesión da cidadanía ás políticas de cooperación ao desenvolvemento que se executan desde os concellos dos distintos territorios onde operan os Fondos municipais de cooperación e solidariedade internacional. Para a CONFOCOS, o máis importante deste estudo é poder pór cifras ao que, ata agora, eran percepcións sobre o apoio da poboación ás políticas de cooperación ao desenvolvemento que executan os gobernos locais, e dar a coñecer estes datos á sociedade.

 

Onde estamos