A Declaración de Córdoba pecha a I edición do Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional

A Declaración de Córdoba pecha a I edición do Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional

Máis de 350 asistentes participaron no primeiro Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional, celebrado no Palacio de Congresos de Córdoba, do 10 ao 12 de novembro. A repercusión institucional e a relevancia do espazo xerado promoveron a creación dun espazo permanente de traballo que permita continuar co labor emprendida, e mellorar o intercambio de coñecemento desde os gobernos locais de España. Aquí podes descargar a Declaración de Córdoba. E aquí podes ver o vídeo que resume o traballo deste I Encontro Estatal.

Unha sesión inaugural con presenza de todos os niveis de representación institucional, Ministerio de Asuntos Exteriores, autoridades locais e provinciais, federacións de municipios andaluza e española, e os fondos municipais de cooperación e solidariedade, confirmaba o interese por un diálogo ao que asistiron, na súa maioría, representantes políticos e técnicos de gobernos locais de España. Dous diálogos, 6 plenarias, presentacións e actividades paralelas, así como sesións de traballo das distintas institucións, enmarcadas no Encontro, conformaron un espazo de intercambio que hoxe se clausurou no Palacio de Congresos de Córdoba.

Leron a Declaración de Córdoba, presentada por Rocío Villén, coordinadora da Área de Socios e América Latina do FAMSI, Juan González, presidente do Fondo Galego de Cooperación e alcalde de Nigrán, Lourdes Bernal, delegada municipal da área de Política Social, Inclusión e Diversidade, e José Luis Blanco, alcalde de Azuqueca de Henares e vicepresidente da Comisión de Cooperación ao Desenvolvemento da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Todos coincidiron en sinalar o impulso que este encontro supuxo para a articulación das políticas de cooperación, e en agradecer unha iniciativa que supón abrir un espazo de diálogo que deberá crecer, para facer desta primeira edición o prólogo dun longo percorrido de traballo conxunto e intercambio entre gobernos locais. Compromiso, grandes retos, e capacidade de transformación social fan dos gobernos locais un axente fortalecido, tras 40 anos de percorrido, que se soubo situar no escenario global, con voz e personalidade propia.

Animar a participación, promover a coherencia de políticas, demandar a revisión da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local e as súas implicacións nas políticas de cooperación internacional ao desenvolvemento, recoñecer o papel clave dos servizos públicos municipais como eixo clave da recuperación inclusiva e necesaria para non deixar a ninguén atrás. Son algunhas das ideas que recolle a Declaración de Córdoba, que conclúe co chamamento a abrir un espazo permanente de encontro estatal que dea continuidade aos traballos emprendidos.

Podes descargar a Declaración de Córdoba aquí. Aquí podes ver as imaxes do Encontro

Aquí podes acceder a todos os testemuños do Encontro:

Onde estamos