
Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento – do 10 ao 12 de novembro, en Córdoba
09/06/2021
Responsables políticos e técnicos da administración local daranse cita no primeiro ‘Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento’, do 10 ao 12 de novembro, en Córdoba
A cooperación ao desenvolvemento dos gobernos locais en España ten unha traxectoria próxima aos corenta anos, practicamente paralela ao xurdimento dos concellos democráticos no noso país.
Nun momento de reforma da nosa cooperación ao desenvolvemento nun contexto no que diversas crises económicas e financeiras incidiron profundamente nas desigualdades xerando grandes espazos de exclusión no seo de todas as sociedades do planeta e no que os gobernos locais, teñen moito que achegar. Tras 25 anos da constitución da Confederación de Fondos de Cooperación, 40 anos da constitución da FEMP e 20 das 2ªs Xornadas estatais de Alcorcón e do nacemento de FAMSI, cremos que é relevante volver ter un espazo de reflexión e construción colectiva propio dos Gobernos Locais e específico sobre a cooperación municipal.
