
A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade presenta as súas propostas ante a nova reforma da estrutura de cooperación do Estado
27/05/2021
Desde a creación dos primeiros irmandamentos e fondos de cooperación municipal hai máis de 30 anos, a cooperación española evolucionou cara a un sistema con múltiples actores onde é notoria a participación da sociedade civil e onde a cooperación descentralizada, entendida como aquela composta por comunidades autónomas, gobernos locais, concellos, deputacións, municipios, etc., ten un especial protagonismo, configurando un modelo particular que require dunha actualización e recomposición.