Lánzase o Proxecto AcessCidades – cidades máis accesibles e conectadas.

Lánzase o Proxecto AcessCidades – cidades máis accesibles e conectadas.

Unha alianza entre Brasil, España e Italia pode cambiar a forma de pensar nas políticas públicas de mobilidade urbana. O Frente Nacional de Alcaldes (FNP), a Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade (España) e a Associazione Nazionale Comuni Italiani (Italia) uníronse para levar a cabo o “Proxecto AcessCidades: cidades máis accesibles e conectadas”, que pretende cualificar políticas de mobilidade urbana en Brasil baseadas no intercambio de experiencias entre cidades e a formación de municipios no uso de datos abertos para a planificación do transporte, con miras ao desenvolvemento sostible e a loita contra as desigualdades sociais.

A iniciativa terá unha duración de 3 anos (entre 2021 e 2023) e 4 liñas de acción: gobernanza; diagnóstico e formación; planificar e facer viables as boas prácticas; e compromiso. Para marcar o inicio das actividades, o lanzamento oficial da alianza tivo lugar este luns 12 ás 11 am (hora Brasilia / DF), cunha transmisión en directo en Youtube e zoom. Coa participación por parte da Confederación de Fondos do Presidente do Fondo Galego, Juan Antonio González, e Vicepresidente da CONFOCOS.

O público obxectivo do proxecto son os xestores públicos e técnicos a nivel municipal de cidades brasileiras, españolas e italianas. Entre as actividades, están previstas xornadas en liña para o intercambio de experiencias entre estes técnicos, secretarías e xestores de mobilidade urbana. Despois desta etapa, 40 municipios brasileiros con máis de 80 mil habitantes e 10 municipios europeos (en Italia e España) serán seleccionados para a formación no uso de datos abertos. A proposta é mellorar a planificación e xestión da mobilidade urbana.

Dos 50 seleccionados, 10 serán elixidos para recibir tamén o apoio técnico e político de consultores de transporte e o FNP, ademais do desenvolvemento de diagnósticos de mobilidade e accesibilidade e a aplicación de boas prácticas en mobilidade urbana.

Accesibilidade

Onde estamos