
Asemblea Xeral Ordinaria da Confederación de Fondos de Cooperación 2021.
11/04/2021
O pasado 09 de abril a Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade celebrou a súa Asemblea Xeral, presidida por Núria Parlon. Nesta ocasión, contamos con dous invitados especiais: Gabriel Ferrero, Director Xeral de Políticas de Desenvolvemento Sostible do MAEUEC, e María Pilar Moreno, xefa da Área de Cooperación Descentralizada e Educación da DGPOLDES, cos que puxemos de relevo e celebramos a presentación dun convenio de colaboración entre a Confederación e a DGPOLDES.
Nesta Asemblea, celebrada despois dun ano desde o inicio da Pandemia, fíxose balance do que supuxo este período de xestión nestas particulares circunstancias e reforzouse o compromiso de seguir traballando conxuntamente para construír unha nova realidade da cooperación na que os Fondos de Cooperación e a propia Confederación ocupen un lugar destacado nos espazos de interlocución. Así, aproveitouse para lanzar un documento de posicionamento sobre a reforma do modelo de Cooperación do Estado.
Nese sentido interveu a presidenta Núria Parlon que, nas súas palabras de benvida aos asistentes, destacou o papel da Confederación e dos Fondos –que reúne a máis de 1.100 gobernos locais– nos debates da estrutura de cooperación do estado e no esforzo para impulsar a cooperación municipal.
Como punto a destacar, remarcouse a necesidade de garantir un marco normativo claro, homoxéneo e non discrecional que garanta a operatividade da cooperación descentralizada dos gobernos locais.
Nesta reunión aprobouse a memoria de xestión do ano 2020 e deuse luz verde ao plan de traballo e ao orzamento para 2021, onde se seguirá traballando en catro obxectivos principais:
- Fortalecemento da Confederación como espazo de coordinación e de traballo conxunto dos Fondos de Cooperación.
- Fortalecemento dos Fondos integrados.
- Establecer liñas de interlocución e representación da Confederación con outros actores da cooperación ao desenvolvemento.
- Fortalecemento da área de comunicación da Confederación.
Barcelona, 09 de abril de 2021