
WEBINAR – Ordenamento Xurídico e procedementos administrativos na Cooperación ao Desenvolvemento dos Municipios – 13 de abril 12h – CONFOCOS
23/03/2021
Desde que o ámbito municipal empezou a impulsar a Cooperación ao Desenvolvemento hai 35 anos, algúns dos principais problemas que apareceron na xestión dos proxectos de cooperación, seguen existindo hoxe en día, con diferentes criterios e interpretacións sobre o ámbito de actuación da Lei de subvencións.
A proposta desta xornada responde á vontade de aportar unha visión propia daqueles municipios que apostan pola cooperación ao desenvolvemento.
Abordaremos temas como a necesidade de recoñecemento da cooperación descentralizada, o marco de interpretación da lei, como afecta á eficacia e eficiencia das accións de cooperación, etc. Entre outros aspectos plantexaremos algunhas propostas de simplificación.
Para abordar o debate contamos con:
Xavi Martí: Profesor de Economía Mundial de Blanquerna-Universitat Ramon Llull e experto en cooperación.
Rafael García Matías: presidente da Fundación Musol e Secretario de administración Local Categoría Superior.
Orde do Día:
12:00h
Benvida – presidenta da Confederación de Fondos de Cooperación.
Núria Parlon
12:15h
Rafael García Matías
Rafael García Matías o pasado 20 de outubro de 2020 presentou un completo informe chamado “A axilización da xestión dos fondos destinados á Cooperación Internacional para o Desenvolvemento polas Entidades locais“. No marco das: XI xornadas de Municipalistas pola Cooperación Internacional para o Desenvolvemento: A simplificación para unha xestión eficaz da cooperación, nas entidades locais”, informe financiado pola Deputación Provincial de Valencia.
12:40h
Xavi Martí.
A demanda de LaFede.cat elaborou un estudo sobre as bases de: A Axencia Catalá de Cooperación, o Concello de Barcelona, a Deputación de Barcelona, a Área Metropolitana de Barcelona (AMB) e o Fons Català de Cooperació. Coa vontade de simplificar e alinear os procesos de concorrencia competitiva mediante convocatorias co obxectivo de avanzar cara á simplificación de formularios e procedementos de subvención das convocatorias de proxectos e programas de cooperación.
13:05h
Quenda de preguntas de intervencións
13:30h
Peche
Modera: Jordi Garrell
INSCRICIÓN coordinacion@confederaciondefondos.org
Enviarase unha ligazón de Zoom antes da sesión.