Nuria Parlon Gil, Presidenta da CONFOCOS comparece ante a Subcomisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento

Nuria Parlon Gil, Presidenta da CONFOCOS comparece ante a Subcomisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento

Hoxe 9 de marzo, a presidenta da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade, Nuria Parlon compareceu ante a Subcomisión para o estudo da actualización do marco normativo e do sistema de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, para presentar as nosas propostas para mellorar o sistema de Cooperación do Estado.

Núria Parlon definiu a cooperación descentralizada municipalista como parte activa do ecosistema de cooperación situada nun enclave estratéxico que conecta ao nivel de goberno máis próximo e a unha cidadanía, moitas veces implicada, coa axenda internacional (Cambio Climático, desigualdades, feminismos, pacifismo, dereito á saúde, etc.) e a cooperación pública.

A Cooperación dos gobernos locais caracterízase por estar cimentada sobre unha experiencia de proximidade, aporta un valor engadido ás políticas de cooperación, un saber facer, unha visión máis próxima ás persoas e ao territorio, debemos resaltar a riqueza, capacidade, experiencia e a xestión de calidade dos servizos públicos que valoriza as capacidades das entidades locais.

Expresou a necesidade dun recoñecemento dos gobernos locais en relación coa súa capacidade política de facer cooperación, garantindo a súa capacidade de interlocución a nivel do Estado para debater, executar e deseñar políticas públicas de cooperación. Débense garantir os canais institucionais e a participación directa dos Fondos de Cooperación e da mesma Confederación de Fondos nos espazos de coordinación e, á vez, institucionalizar a súa participación no deseño de estratexias a diferentes niveis, como son as planificacións estratéxicas por país ou rexións.

Para finalizar destacou que se debe garantir un marco normativo, claro, homoxéneo e non discrecional que garanta a operatividade, recoñecemento e a relevancia en calidade que ten a cooperación descentralizada dos gobernos locais.

 

Onde estamos