Construír alianzas para favorecer a política pública de cooperación. Reunión con Magdy Solimán novo Director da AECID

Construír alianzas para favorecer a política pública de cooperación. Reunión con Magdy Solimán novo Director da AECID

“La cooperación non é política migratoria, a cooperación non é internacionalización das empresas, a cooperación non é política de seguridade. A cooperación si é alianza público – privado, xeración de oportunidades económicas, acción humanitaria, paz e seguridade”. Así defendeu a necesaria reforma do sistema de cooperación Magdy Solimán, o novo Director da Aecid no encontro coa Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade na que participaron, a Presidenta da Confederación e vicepresidenta do Fondo Catalán de Cooperación, Núria Parlon, e os representantes do Fondo Andaluz de Municipios para a Solidariedade Internacional (FAMSI) Manuel Redano (o seu Xerente), do Fondo Galego, Juan Antonio González Pérez, Vicepresidente da Confederación e Presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a súa xerente Carmen Novas, David Minoves Xerente do Fondo Catalán de Cooperación e Jordi Garrell Coordinador Técnico da Confederación de Fondos.

No transcurso da reunión Magdy M. Solimán expresou que se prantexa a reforma do sistema de cooperación máis importante des dos anos 80’, unha reforma que se debe realizar entre todos, e isto implica tanto o arco parlamentario máis plural e amplo posible, como o conxunto de actores da cooperación que son parte da acción exterior do país, coa súa pluralidade e diversidade, actores multinivel, coa súa flexibilidade, etc. A Actual lei que data do 98’ envelleceu e non contempla nin regula o marco actual de relacións, nin a axenda 2030, nin sequera o vínculo entre cooperación ao desenvolvemento e acción humanitaria, en palabras do Director da AECID.

Nuria Parlon explicou a composición e marco de traballo actual dos fondos, e expuxo a cooperación descentralizada municipalista como un espazo de suma próximo ao cidadán, que debe contribuír a contrarrestar os discursos contra a cooperación que tanto desde o ámbito local como nacional se están articulando, resaltou a capacidade innovadora da cooperación descentralizada en ámbitos como a cooperación técnica ou os ODS e axenda 2030 e que este valor engadido require dun modelo de cooperación estatal que o recoñeza e lle dea voz.

A vontade da Confederación é de construír alianzas para favorecer a política pública que se desenvolve no noso país, en tanto que tamén somos goberno desde a nosa posición no ámbito local, resaltaba Manuel Redaño.

Ao finalizar a reunión asumíuse o compromiso por parte de todos de fomentar e propiciar a participación da confederación nos espazos de concertación, de exercer un papel activo e propositivo no marco de discusión da reforma da cooperación, e tamén nos emplaçamos a concretar o apoio á estratexia de traballo da Confederación.

Onde estamos