«CHANGE THE WORLD & PLAY». A voz dos nenos do mundo ante a covid-19

«CHANGE THE WORLD & PLAY». A voz dos nenos do mundo ante a covid-19

A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade lanza este sábado «CHANGE THE WORLD & PLAY». Esta iniciativa audiovisual na que participan nenos de todo o mundo reivindica o dereito fundamental da infancia a gozar do xogo ao aire libre e esixe cambios no modelo de mundo. A iniciativa quere subliñar o esforzo que están facendo os nenos e nenas de todo o planeta, quedándose na casa a causa da covid-19, renunciando a xogar nas rúas e privándose dun dereito fundamental como é o de xogar ao aire libre. Os nenos de todas partes fan este esforzo pero, a cambio, reclaman que, cando acabe o confinamento, o mundo se transforme e se faga un cambio real para poder seguir xogando coa máxima equidade en todos os puntos do planeta.

Nesta sensible creación audiovisual participan nenos e nenas de Corea, India, Francia, Nicaragua, Guatemala, Paraguai, Arxentina, Colombia, O Salvador, Rusia, Xapón, Palestina, o Sáhara Occidental, Italia, Polonia, RD Congo, Burundi, Portugal, Países Baixos, Estados Unidos, Romanía, Catar e dos diferentes pobos do Estado español. Desde o interior da súa casa, cada un destes nenos e nenas explican a importancia de xogar e a necesidade dun profundo cambio no modelo global que preserve, entre outros moitos, os seus dereitos como criaturas. As imaxes foron gravadas polas súas propias familias e enviáronse por whatsapp ou correo electrónico. Este audiovisual duns 3 minutos de duración foi creado por Ikaika Media.

 

Onde estamos