A Confederación de Fondos de Cooperación debate nun encontro técnico as súas futuras liñas estratéxicas

A Confederación de Fondos de Cooperación debate nun encontro técnico as súas futuras liñas estratéxicas

A Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade reuniuse os días 6 e 7 de xuño en Córdoba para traballar na elaboración da estratexia e dos seus obxectivos principais para o período 2019-2023. As e os xerentes dos nove Fondos que integran a Confederación debateron as futuras liñas de acción no escenario post electoral.

O primeiro día do encontro centrouse en reflexionar sobre as metas prioritarias para os próximos catro anos, así como no camiño para alcanzalas, ademais de reforzar o labor actual. As liñas estratéxicas elaboradas someteranse á aprobación da Asemblea Xeral de Entidades Socias, que se celebrará en novembro en Bilbao. Ademais, estableceuse un calendario de actividades para os próximos meses.

A xornada do día 7 centrouse nun taller sobre redes de traballo, onde se intercambiou información sobre as alianzas nas que cada un dos Fondos está integrado e como estas experiencias se poden ampliar para traballar de maneira conxunta e ser máis eficaces na cooperación municipalista que levamos a cabo.

Onde estamos