
Jordi Pubill i Sauquet, elixido novo presidente do Fons Català de Cooperació
16/04/2019
A semana pasada, o Fons Català de Cooperació al Desenvolupament celebrou a 40ª Asemblea Xeral do Fondo, onde foi elixido o novo presidente, o Sr. Jordi Pubill i Sauquet, alcalde da Garriga, en substitución de Meritxell Budó, que ocupou o cargo de presidenta do Fons Català nos últimos 8 anos, e que recentemente foi nomeada Conselleira de Presidencia do Goberno da Generalitat de Catalunya.
No seu discurso de presentación, agradeceu o traballo realizado pola súa predecesora e apostou por políticas de cooperación eficientes e adaptadas aos novos tempos.
Pubill fora concelleiro de Promoción Económica e Industria, Servizo Local de Emprego e Xuventude da Garriga.
Ademais da elección do novo presidente, aprobáronse os seguintes puntos da orde do día:
- Substitución presidencia.
- Aprobación da acta da 39ª Asemblea Xeral.
- Memoria de actividades 2018 do Fons Català.
- Peche contable do exercicio 2018 e presentación do informe de auditoría.
- Proposta de liñas de traballo 2019 para aprobación.
- Proposta de orzamento económico exercicio 2019 para aprobación.
- Proposta de proxectos de cooperación para aprobación.
- Outras cuestións.
O Sr. Manel Vila, Director Xeral de Cooperación ao Desenvolvemento da Generalitat de Catalunya, pechou o acto.