Grupo de traballo no Día Mundial da Auga

Grupo de traballo no Día Mundial da Auga

O día 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga. O acceso á auga potable e un saneamento adecuado é un factor fundamental para o desenvolvemento humano e desde xullo de 2010 está recoñecido como un Dereito Humano pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

O Fons Català de Cooperació al Desenvolupament, en colaboración coa ONG Enginyeria Sense Fronteres e os concellos que forman parte do Grupo Auga, organizaron unha xornada técnica de traballo dirixida a técnicos municipais e operadores públicos de auga, coa que se pretende contribuír á aplicación da Axenda 2030 para conseguir os ODS. Entre os participantes, estaban os nosos socios o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Euskal Fondoa, Andalucía Solidaria e o Fondo Extremeño Local de Cooperación ao Desenvolvemento (FELCODE), así como representantes de GWOPA/UN-Habitat, do Fondo de cooperación para Auga e saneamento da AECID, a Deputación de Sevilla, EMAYA, BCASA, PROMEDIO (Consorcio de Xestión Medioambiental) e a Aeopas (Asociación Española de operadores públicos de Subministración e Saneamento).

Onde estamos