
Asemblea de Entidades Socias en Cáceres
25/02/2019
O pasado 21 de febreiro, a Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade, celebrou na cidade de Cáceres, a súa Asemblea Xeral de Entidades Socias.
Nesta ocasión, exerceu de anfitrión o Fondo Extremeño Local de Cooperación ao Desenvolvemento (FELCODE).
Esta foi a última Asemblea desta lexislatura, de aí que se aproveitase para facer balance do que supuxeron estes catro últimos anos de xestión e sobre esta base, afianzar o compromiso de seguir traballando conxuntamente tras as próximas eleccións para construír unha nova realidade da cooperación na que os Fondos de Cooperación e a propia Confederación ocupen o lugar destacado nos espazos que lles corresponde.
Neste sentido falou a presidenta da Deputación de Cáceres e de FELCODE, Charo Cordero, que, nas súas palabras de benvida aos Fondos asistentes, destacou o papel da Confederación e dos Fondos –que no seu conxunto reúnen a máis de 1.000 municipios de todo o Estado– para impulsar a cooperación municipal.