
O mundo local coopera coas persoas
23/01/2019
En 2013, o Fons Català lanzou a súa primeira Campaña de apoio á poboación afectada pola guerra civil en Siria.
O ano 2015 e diante da situación constante de crise co fluxo de refuxiados, o Fons convocou unha reunión cos concellos socios e outras entidades catalás para acordar unha estratexia de apoio e acollida a estas vítimas de maneira coordinada coas institucións catalás e a cidadanía, e de acordo coas necesidades identificadas e peticións realizadas propúxose abrir unha nova campaña: “Suport a l’acollida de població refugiada en trànsit a Europa víctima dels conflictes armats a l’àrea mediterrània, (Apoio á acollida de poboación refuxiada en tránsito a Europa vítima dos conflitos armados na Área Mediterránea) da que bifurcan catro liñas de actuación:
1.- Apoio ás persoas refuxiadas en rutas de fuxida.
2.- Apoio aos municipios da ruta
3.- Planificación e xestión da acollida
4.- Educación para o Desenvolvemento e sensibilización.
Nesta campaña recolléronse un total de 1.965.235,28 €, e aprobáronse 40 proxectos para as liñas 1 e 2 en: Grecia, Iraq, Siria, Líbano, Xordania, Creta, Marrocos, Serbia, Croacia, Macedonia, Italia e Malta.
E 18 proxectos da liña 4.
Para explicar que fixemos, que facemos e que impacto tivo, estamos a preparar para o próximo mes de marzo un encontro con algunhas das entidades coas que colaboramos en países de primeira acollida, para dar voz a aqueles que viven en primeira persoa a situación real das persoas refuxiadas.
Para saber máis: