
El Día Más Corto
21/12/2018
O Fons Mallorquí de Solidaritat i Cooperació lanzou este ano o primeiro concurso de curtametraxes comprometidas, para facer visibles, a través do audiovisual, con escenas cotiás ou ficticias, algunha faceta dun dos 17 #ODS. O concurso enmárcase no festival de curtametraxes El Dia Més Curt que se celebrará en Palma o 21 de decembro, o día máis curto do ano.
Na sesión de Curtametraxes comprometidas galardoarase a curta gañadora con 2.000 euros e proxectarase xunto cos tres finalistas escollidos polo xurado, formado por Antònia Rosselló, a xerente do Fons Mallorquí; Laura Gost, guionista, gañadora do Premio Goya 2018 á mellor curtametraxe de animación con Woody&Woody e Jaume Fiol, director de produción de #Mèdit