A semana pasada o Fons Catalá de Cooperación celebrou a 40ª Asamblea Xeral do Fons, onde foi elexido o novo presidente na persoa do Sr Jordi Pubill i Sauquet, alcalde da Garriga, en sustitución de Meritxell Budó, que ocupou o cargo de presidenta do Fons Català os derradeiros 8 anos, e que actualmente foi nomeada Conselleira de Presidenta do Goberno da Generalitat de Catalunya.
O novo presidente, no seu discurso de presentación, agradeceu o traballo feito pola súa antecesora e apostou por políticas de cooperación eficientes e adaptadas aos novos tempos.
Pubill, foi concelleiro de Promoción Económica e Industria, Servizo Local de Emprego e Xuventude da Garriga.
Ademais da elección do novo presidente aprobáronse os seguintes puntos do orde do día.
- Sustitución presidencia.
- Aprobación da acta da 39ª Asamblea Xeral.
- Memoria de Actividades 2018.
- Peche contable do exercicio 2018 e presentación do informe de auditoría.
- Proposta do orzamento económico 2019.
- Proposta de proxectos de cooperación para aprobación.
- Outras cuestións.
Pechou o acto o Sr. Manel Vila, Director Xeral de Cooperación ao Desenvolvemento da Generalitat de Catalunya.