A Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridade, participou no I Encontro Internacional de Cooperación e Axenda 2030 a Nivel Local, que se celebrou en Madrid os días 26 e 27 de marzo.
Neste encontro preténdíase analizar e intercambiar experiencias, accións, programas e políticas públicas nacionais e municipais que se están a desenvolver nos últimos anos para implementar nos territorios globais para o desenvolvemento sostible.
David Minoves, coordinador do Fons Català de Cooperació al Desenvolupament, en representación da Confederación de Fondos e Solidaridade, interveu na sesión plenaria “Cooperación Descentralizada dos Gobernos Locais, as súas Redes e a Axenda 2030” na que compartía mesa con representantes do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o Director Xeral de Políticas de Desenvolvemento Sostible (DGPOLDE), Antonio Zurita, director de Acción Internacional e Cidadanía Global do Concello de Madrid, representantes do Concello de Madrid, do Concello de Zaragoza e do de Barcelona así como representantes e da rede de ONG´s de Madrid.
Nesta sesión, David Minoves, explicou ás persoas asistentes, en que medida os Fondos de Cooperación, constituen espacios e prácticas alternativas para a xeración de alianzas multinivel, e ademais de reflexonar cales serían os principais retos aos que se enfrenta a cooperación descentralizada para o novo periodo despois das eleccións de maio, no que se “necesita un compromiso político por parte de todas e todos os representantes públicos coas políticas ao desenvolvemento, ademais de avanzar en xerar espazos permanentes de traballo e consensuar modelos de traballo conxunto”.
Este evento organizouno o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), e a Unión de Cidades Capitais Iberoamericanas (UCCI), coa colaboración do Concello de Madrid e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
Ao finalizar este seminario, contarase cun documento de conclusións e recomendacións sobre novas tendencias na práctica da cooperación descentralizada para a localización das axendas globais de desenvolvemento sostible