Información disponible solamente en castellano
O Foro Internacional “Think Europe Compromiso 2030” organizado por United Cities and Local Governments, reuniu entre o 16 e o 18 de xaneiro en Soria a mais de 250 lideres e lideresas mundiais co reto de reforzar o papel das cidades intermedias na consecución dos Obxetivos de Desenvolvemento Sostible.
Os debates deste segundo encontró, centraronse no papel das cidades intermedias como nexo vital entre o medio rural e o medio urbano, centrado en tres eixes: Xustiza Social, Cooperación e Valores, A Cohesión Territorial: condición esencial para alcanzar os ODS; e as Axendas Urbanas: palanca para a Axenda 2030.
A Confederación de Fondos de Solidaridade e Cooperación foi invitada a este congreso, para participar na mesa “Cooperación Internacional para ó desenvolvemento e as Axendas das cidades”, na que o noso presidente, alcalde do concello de Nigrán, Juan González Pérez, compartiu espazo con Aina Calvo Sastre, Directora da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID); Firdaous Oussidhoum :Coordinadora do Foro de Cidades Intermedias de CGLU; Johannes Krassnitzer do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD); Juan Ignacio Siles del Valle, Director da Conferencia Iberoamericana na Secretaría Xeral Iberoamericana (SEGIB); Andrés Rodríguez Amayuelas, Presidente da Coordinadora de ONGD; Mohammed Sefiani, Alcalde de Chefchaouen (Marruecos) e Antonio Zurita, Director Xeral da Dirección Xeral de Acción Internacional e Cidadanía Global do concello de Madrid.
Aina Calvo, Directora da Axencia Española de Cooperación para ó Desenvolvemento (AECID), presentou o debate, e ademáis anunciou, que a AECID quere afinzar as relación para traballar conxuntamente tanto coa FEMP, como coa Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade, xa que somos actores clave, que mantiveron a cooperación municipalista no Estado Español.
Algunhas das cuestións que se abordaron foron sobre os mecanismos que sirven para conectar e favorecer a cooperación descentralizada entre as ciudades intermedias.
Para a Confederación, estes mecanismos pasan por impulsar e fortalecer os espazos de reflexión e de traballo conxunto para promover a aplicación da Axenda 2030, e as diferentes políticas públicas de desenvolvemento. Así como poner en valor a capacidade dos gobernos locais para a implementación dos ODS a nivel nacional, xa que todos os ODS inclúen metas relacionadas con competencias e responsabilidades da esfera local, principalmente na presetación de servizos básicos e na promoción dun desenvolvemento territorial endóxeno, inclusivo e sostible.
En palabras do noso presidente: “A contribución dos municipios e entes locais por pequena que sexa, é fundamental, porque permite conciencias ao cidadán e mostrar que as institución poden estar preto.