Unha delegación da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade reuniuse na sede da Coordinadora de ONGD estatal.
O pasado xoves, unha delegación de representantes de diferentes Fondos Municipalistas integrados dentro da Confederación de Fondos de Cooperación e a Solidariedade, reunímonos con membros da Coordinadora Estatal de ONGD en Madrid.
Neste encontro ademais de coñecer o traballo e organización de ambas entidades, compartimos os nosos principais desafíos en prol da cooperación descentralizada, e como conxuntamente podemos unificar esforzos entre os diferentes actores para poñer en valor a cooperación.
Nesta reunión concretáronse algunhas actividades conxuntas, como a invitación por parte da Confederación de Fondos a que participe a Coordinadora de ONGD no Foro de Cooperación Descentralizada Española que se celebrará en Andalucía o próximo ano, así como crear unha mesa de diálogo periódico entre as entidades e participar conxuntamente en espazos de reflexión e incidencia.
Todas estas accións realzan o papel das alianzas entre os actores que traballamos en cooperación para o desenvolvemento e xérannos espazos de aprendizaxe mutua.