Información disponible solamente en castellano
O Fons Menorquí de Cooperació organizou xunto a Universidade das Illas Baleares o curso “Migracións e Refuxio”. Na primeira sesión do curso, poidemos coñecer de primeira man as experiencias das entidades convidadas que realizan diversas iniciativas cidadáns de activismo social sobre o movemento de persoas.
Lorena Leete, avogada de Lesbos Legal Centro explicounos a labor que a entidade fai frente á grave crise humanitaria que se está a producir na illa de Lesbos dende o cerre de fronteras e o acordo entre a Unión Europea e Turquía. A raíz da cronificación da situación, Lesbos Legal Centro, fai as tarefas de apoio legal mais básico que o Estado grego e a Unión Europea non proporcionan en grande medida.
Ante a vulneración sistemática de dereitos humanos básicos, Lesbos Legal Centro, representa xurídicamente a refuxiados con casos complexos e baixo o risco de ser deportados a Turquía. A entidade tamén pretende levar a cabo un litixio estratéxico de denuncia pola violación de dereitos humanos xunto con grupos de avogados de Turquía con quenes traballa codo con codo. Ademais, Lesbos Legal Centro traballa en tarefas de incidencia política xunto coas comunidades de refuxiados. A súa intención é conseguir que se organicen políticamente como colectivos para movilizar protestas e combatir a violación sistemática dos seus dereios mais básicos.
Teresa Niubó, representante da Sociedade Civil La Garriga, explicou como traballan a Educación para a Paz, como levan a cabo actividades de sensibilización a escolas, institutos, centros populares, ateneos, etc…Ten 20 anos de experiencia en proxectos de cooperación internacional nos estados de Chiapas, y Guerrero (México).
Mikel Zuluaga, representante do proxecto Artea, Unha casa sen chaves. No ano 2016 o concello de Artea abriu un concurso para proxectos que deran utilidade a unha vella casona. Prepararon o seu proxecto de hotel rural “con encanto”, abrindo a posibilidade de acoller a persoas que o precisaran. Moitos brazos traballaron na sua reforma. Era preciso ter un espazo físico que facilitara a relación cos pobos do val. Mikel Zuluaga é un dos impulsores do proxecto integrante de Ongi Etorri.
Tamén se explicou a experiencia coa Caravana Abriendo Fronteras, unha rede de activismo que traballa para sensibilizar e movilizar á sociedade na defensa dos dereitos das persoas que buscan refuxio. Trátase dunha iniciativa de ámbito estatal e con visión internacional que está formada por diferentes colectivos e persoas que se organizan de forma coordinada dende unha perspectiva feminista e antirracista.
Os participantes poderon debatir en diferentes grupos, reflexións e propostas para levar a cabo a actual vulneración de dereitos no movemento de persoas.