Unha delegación da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade, reuniuse este mes de novembro, en Madrid, con representantes da Federación Española de Municipios e Provincias. A xefa da área de Internacional e Proxectos Europeos da FEMP, Juana López, asistiu a esta reunión, na que ambas entidades coincidiron na importancia de reivindicar o papel da cooperación descentralizada, a través de accións conxuntas, para fortalecer e defender o papel dos gobernos locais na consecución dos obxetivos e metas propostas na Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible.